981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

CABALGATA 2014

0


O vindeiro domingo desde as 18,00h

As súas maxestades os Reis Magos de Oriente veñen un ano máis a Santa Comba. Será o vindeiro domingo 5 de xaneiro.

A chegada da comitiva real está prevista para as seis(18,00H) do serán.Farán un percorrido polas rúas. Media horas máis tarde terá lugar no Campo da Feira un espectáculo pirotécnico dixital.
As 19,00h está prevista a chegada dos Reis ao multiusos, onde serán recibidos polo alcalde, Antonio Landeira, e onde haberá unha Festa Infantil, con inchables, obradoiros de maquillaxe, reparto de caramelos e sorteos de agasallos para os máis pequen@s.
A celebración estará ambientada na época, cunha decoración relacionada co nacemento e a visita dos Reis Magos a Belén. Na recreación histórica participan unhas 150 persoas na súa maioría nenos e nenas de Santa Comba.

A programación está suxeita as condicións meteorolóxicas.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR