981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

CINE PARA CONCIENCIAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN SANTA COMBA.

0

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CINE PARA CONCIENCIAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN SANTA COMBA.

A asociación xalleira Arte-Sáns da Cultura, promove un ciclo de cine que conciencie á sociedade sobre a problemática da violencia machista.
A entidade asociativa de recente creación e o CIM municipal colaborarán no programa de actividades para que a sociedade de Santa Comba avance na concienciación sobre esta lacra social.

Este venres 10 de Novembro ás 10 da noite no Multiusos xalleiro, a película “Princesas” abrirá un Cine- Fórum reivindicativo que achegue a tódolos veciños e veciñas de Santa Comba a realidade, triste realidade, da violencia de xénero. Ademáis da proxección, haberá un espazo para compartir opinións entre os asistentes sobre a evolución e posibles solucións para erradicar da sociedade a violencia contra as mulleres.
O ciclo terá continuidade o venres 24 de Novembro coa proxección de “No estás sóla Sara”.
A entrada para ambas sesións no Multiusos será de balde, e desde a organización esperan contar coa participación da veciñanza, co fin de ir dando pasos firmes cara unha sociedade que se afaste definitivamente da violencia de xénero.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR