981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Subvencións Rehabilitación e Renovación Vivendas no Medio Rural e Conxuntos Históricos de Galicia

0

Subvencións Rehabilitación e Renovación Vivendas no Medio Rural e Conxuntos Históricos de Galicia

A Consellería de Vivenda e Solo convocou, a través da Orde de 18 de febrerio de 2009, as subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia (DOG nº 38, martes 24 de febreiro de 2009)

 

Obxecto: abrir a convocatoria no exercicio económico de 2009, nun procedemento de concurrencia non competitiva, das subvención a fondo perdio para as persoas promotoras de actuacións de rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia, segundo co establecido no Decreto 157/2006, Decreto 90/2008 e a Orde do 27 de maio de 2008.

 

Requisitos das vivendas: deberán estar en posesión da cédula de rehabilitación ou da resolución de conformidade da mesma.

Prazo e presentación de solicitudes: ata o 1 de setembro de 2009 nas delegacións provinciais da Consellería de Vivenda.

Modelo de Solicitude: segundo o establecido no artigo 6 da Orde do 27 de maio de 2008, o modelo é o que figura como anexo na Orde do presente ano, á cal pode acceder premando no seguinte enlace:

Orde do 18 de febreiro de 2009, de subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia. Documento 03800D013P036.PDF

Para acceder á Documentación relacionada, pode facelo premando no seguinte enlace:

Documentación relacionada Convocatoria de axudas para a rehabilitación e renovación de calidade das vivendas e edificios, tanto no medio rural coma nos conxuntos históricos de Galicia
Información: Axencia de Desenvolvemento Local. Centro de Cultura . Avda Alfonso Molina, s/n 15840 Santa Comba.

Telf.: 981 81 86 79 – Fax: 981 88 04 01 – E-mail: adl@santacomba.es

 

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR