981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

PERMISOS DE QUEIMAS, USOS DO LUME E INCENDIOS FORESTAIS

0

SOLICITUDES E PERMISOS 

Pódense tramitar no teléfono 902 112 000 ou nas oficinas da Consellería de Medio Rural ( Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, delegacións provinciais, distritos forestais )

-O prazo para facer a queima é de 7 días desde que se concede o permiso.

-Recoller a autorización na oficina que che indiquen e levala sempre contigo

-No caso das comunicacións, anotar o número da notificación da queima.

 

TIPOS DE QUEIMAS

 

Queimas de restos agrícolas amoreados e forestais.

Están totalmente prohibidas nas épocas de perigo alto de incendio e só se farán cando non haxa outro xeito de eliminar estes restos.

As queimas de restos agrícolas precisan comunicación e as queimas de restos foresais, autorización da Consellería de Medio Rural.

 

Queimas controladas

Son aquelas realizadas para o control do mato como medida preventiva.

Precisan da presenza de técnicos autorizados e dos servizos de extinción de incendios.

 

Consellos para as queimas

– Non facer as queimas se vai vento

– Realizar as queimas durante o día, rematalas 2 horas antes do solpor e interrompelas no caso de levantarse o vento.

– Facer unha devasa perimetral de polo menos cinco metros

– Ter controlada a zona que se vai queimar.

– Non facer nunca as queimas só.

– Vixiar que o lume quede ben apagado.

-Levar sempre o DNI, o teléfono móbil e o número da comunicación ou copia da autorización.

 

 PARA DAR ALARMA DE INCENDIO FORESTAL

 

Chama ó número 085

 

Se a liña estivese ocupada pódese chamar ó 112

 

Para dar alarma de actividade incendiaria chamar á Garda Civil ó teléfono 062

 

Todas estas chamadas son gratuítas.

 

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR