981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

1º TORNEO “TERRA DE XALLAS” DE FÚTBOL BASE

0

 

O vindeiro sábado 6 de setembro celebrarase no campo municipal de Fontenla o 1º Torneo "Terra de Xallas" de Fútbol Base, que nesta edición contará coa participación de equipos de categoría cadete.

O Santa Comba C.F., da Liga Galega cadete, a S.D. Cabana e o Mazaricos C.F. da 1ª Autonnómica cadete, serán os equipos que desputen este trofeo.

A modalidade do torneo será un "3 en 1" con partidos de 45 minutos, e tanda de penaltis ó final de cada encontro para decidir posibles empates.

A competición comezará ás 10h da mañá co partido S.D. Cabana – Mazaricos C.F., o perdedor deste encontro xogará ás 11h contra o Santa Comba C.F.; e o gañador do primeiro enfrontamento desputará o partido final contra os xalleiros a partir das 12h.

A Concellaría de Deportes de Santa Comba obsequiará a tódolos participantes cunha camiseta conmemorativa do evento e os rapaces serán convidados tamén a bocadillos e refrescos.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR