981880075
Seleccionar página
O día 20 de marzo , a partir das nove da noite, terá lugar no Salón de Actos do Edificio Multiusos, un concerto de cantautores con CÉSAR DE CENTI e PARÍS JOEL. A entrada é de balde para o público en xeral. Trátase do Programa “Vai de Camiño”, que está organizado pola Concellaría de Innovación e Industria a través do Xacobeo, en colaboración co Concello de Santa Comba. O programa Vai de Camiño é o circuíto de espectáculos máis extenso que se desenvolve en Galicia. A idea xeral é a de levar espectáculos e manifestacións artísticas ós concellos de toda Galicia polos que pasan os camiños xacobeos e a promoción de artistas galegos. París Joel, da Coruña, fundou nos 80 o seu primeiro grupo, “El Búnker”, e tras tocar neste e noutros grupos comezou unha carreira en solitario cun repertorio baseado en temas líricos, intimistas e autobiográficos que o levaron a gravar diferentes discos e obter diversos premios. Pola súa parte, César de Centi é un habitual dos concertos e festivais, algúns dos cales organiza, e tamén ten publicado varios traballos discográficos