981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO SANTA COMBA 2009

0

PRIMEIRA.- PARTICIPANTES

 

Poderán participar no concurso tódolos nenos e nenas de idades comprendidas entre 0 e 12 anos, de xeito individual, por parellas ou en grupos de ata cinco persoas.

Os participantes deberán cubri-lo formulario de inscrición.

 

SEGUNDA.- LUGAR E PRAZOS DE PRESENTACIÓN

As solicitudes para participar no concurso entregaranse na Casa da cultura ou no Edificio multiusos do concello, ata o venres 20 de febreiro, en horario de mañá e o mesmo día ata o momento do concurso, no propio pavillón.

 

TERCEIRA.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN DO CONCURSO

No pavillón polideportivo municipal, o domingo 22 de febreiro, no transcurso da festa do entroido, que dará comezo ás 17:00 h.

 

CUARTA.- GAÑADOR DO CONCURSO

O xurado estará composto polo concelleiro de cultura, por persoal do concello ou persoas nas que deleguen, e por dúas persoas do público elixidas ó chou.

Para a designación dos gañadores, o xurado valorará o deseño dos traxes, a imaxinación, a orixinalidade e a simpatía dos participantes.

 

QUINTA.- PREMIOS

Un premio para o mellor grupo ou parella, dotado cun vale de 100 € para material escolar.

Tres premios (1º, 2º e 3º) para os mellores individuais, dotados con vales de 70 €, 50 € e 30 € respectivamente para material escolar.

NOTA: A participación neste concurso supón asumir todo o recollido nas bases.

 

SEXTA.- PUBLICIDADE

A publicidade das bases estará na páxina web do concello, www.santacomba.es, e as bases poderán recollerse na Biblioteca Municipal.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR