981880075
Seleccionar página


Nova edición do tradicional torneo de tenis.



O pavillón de deportes de Fontenla acolle a XIV edición do Torneo de Tenis dos Milagros, organizado pola concellería de deportes xalleira.

Despois das distintas eliminatorias que se disputan ao longo da semana, o sábado 8 de setembro ten lugar o treito final, coas semifinais que se disputarán as 10:30h e as 12:00h e a final que se iniciará as 17:00h. Durante esa tarde haberá partidos de demostración dos alumnos da Escola municipal de Tenis e sorteo de agasallos para o público.