ACTIVIDADES OMIX

A Concellaría de Xuventude de Santa Comba, desde a OMIX (Oficina Xuvenil), informa sobre a convocatoria das seguintes actividades:

  • Concurso Fotográfico. “Galicia innovadora e creativa”. Destinado a moz@s de 18 a 30 anos non profesionais. Os premios son: 3.000 € para o 1º Premio, 2000€ para o 2º Premio e 1000€ para o 3º Premio. O prazo de inscrición é do 16 de setembro ó 20 de outubro.
  • Intercambio Multilateral a Rumanía. Destinado a moz@s de 18 a 25 anos de idade. O prazo de incrición remata o 14 de outubro do 2009. A achega económica particular é de 150€ (gastos incluídos). Financia a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e Fondo Social Europeo.

Máis información na OMIX de Santa Comba. Edificio Multiusos, oficina 4.Telf. 981 81 87 10

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *