981880075
Seleccionar página

A Concelleira Silvia Cancela asistiu está mañá en Melgaço- Portugal á xuntanza de traballo da Vía Mariana, camiño de peregrinación de 400 km e 17 etapas que une nas dúas direccións diversos Santuarios Marianos da antiga Gallaecia, desde a cidade portuguesa de Braga ata Muxía.
A Vía Mariana atravesa dúas parroquias xalleiras, a de San Martiño de Fontecada e a de Santo André da Pereira, logo de entrar en territorio de Santa Comba por Codesedo e dirixirse a Mazaricos polo lugar da Castiñeira, camiño de Muxía.

Na xuntanza, na que estiveron representados os Concellos portugueses e galegos polos que pasa esta vía de peregrinos, ademáis das Deputacións de Pontevedra e A Coruña.
Desde a Asociación Vía Mariana a través de Luís Martínez “Do Freixo” presentaron as novedades do seu espazo web, no que se inclúe información patrimonial do percorrido, principalmente de índole relixiosa, e ó mesmo tempo ,expresouse a vontade de difundir diversos valores turístico do territorio, creando sinerxias entre a Vía e os municipios.
Entre as necesidades que expuso Miguel Anxi Gómez, Secretario da Asociación, indicou a conveniencia de implementar unha rede de aloxamentos ou albergues, a mellora e limpeza dos sendeiros do percorrido, que cree unha conciencia local de camiño de peregrinación, de vía sendeirística, e a aumentar a difusión de información da Vía como producto turístico que pode vertebrar os territorios polos que pasa.

Outro dos directivos e Socio Fundador da Asociación, o empresario turístico e gran divulgador nese e noutros eidos, Pepe Formoso, comentou a experiencia da creación de aloxamentos e servizos turísticos na última década, do que él foi pioneiro con Bela Muxía como primeiro albergue privado en Muxía, e animou tanto a institucións públicas como ó sector empresarial a apostar, por unha parte pola limpeza, sinalización e difusión dun producto turístico sustentable, amparado tamén pola iniciativa privada e a aposta por invertir en establecementos de aloxamentos e de servizos que dinamicen o rural e que poidan ser empregados por peregrinos ou por outros turistas que se acheguen ó territorio para desfrutar das súas múltiples bonanzas e que revirta económicamente no propio territorio.
José de la Riera resaltou a capacidade que pode ter a Vía Mariana como nexo de unión entre dous países que comparten pasado común como Gallaecia, e presente como Portugal e Galicia.
Ademáis presentou a proposta dun Acordo Común que defenda a Vía Mariana con estes fins:
-Promoción e divulgación da Vía para que sexa declarada Itinerario Cultural polo Consello de Europa.

  • Compromiso de hospitalidade para os peregrinos e visitantes da Ruta.
    -Compromiso para a defensa do patrimonio material e inmaterial do territorio polo que transcurre á Vía.
  • Compromiso para o mantemento e defensa do entorno natural en cada municipio polo que transcurra.
    Por primeira vez nos Encontros da Vía Mariana estiveron representadas as Deputacións tanto a de Pontevedra como a da Coruña.
    A Deputación de Pontevedra, representada por Ana Laura Iglesias, Deputada de Turismo e Xuventude expresou o compromiso da institución provincial pola posts en valor da Vía Mariana como elemento de unión entre os municipios rurais do interior de Pontevedra e co propio territorio fronteirizo co norte de Portugal.
    A Deputación da Coruña, a través de Xosé Regueira, vicepresidente de Turismo,
    expresou o compromiso da Deputación para coordinar, apoiar e complementar ós municipios coruñeses na difusión e posta en valor da Vía Mariana como un eixo máis do territorio e como escaparate patrimonial e cultural da Provincia.

Turismo de Galicia, participou tamén na persoa de….que ofreceu a colaboración técnica da súa institución e invitou a que a Vía Mariana busque sinerxias con outros países europeos nos que hai Santuarios Marianos para que se sumen ó proxecto para a posible declaración por parte do Consello de Europa como itinerario Cultural Europeo.