
- Lugar e prazo de inscrición:
Edificio Multiusos: oficina de orientación laboral.
Casa da Cultura: conserxería/biblioteca.
Casa do concello: oficina de emprego e desenvolvemento local.
Asociación de Empresarios de Santa Comba (Rúa Pontevedra, núm. 9).
Inscrición: ata as 14:00 do 24/12/2018. - Participación: os participantes serán titulares e/ou cotitulares do establecemento comercial ou, no seu caso, a persoa designada aos efectos do concurso.
- O establecemento comercial estará situado no municipio de Santa Comba.
- Establécense tres categorías de premios:
1º premio : cincocentos (500) euros líquidos
2º premio : trescentos (300) euros líquidos
3º premio : cento cincuenta (150) euros líquidos
Aos finalistas faráselles entrega dun trofeo conmemorativo do concurso. - Información e bases do concurso: Os interesados poderán obter máis información sobre o concurso, así como as bases do mesmo, achegándose a calquera dos lugares de inscrición enriba sinalados, así como nos teléfonos seguintes:
Teléfono Casa da Cultura: 981 880 275
Teléfono Concello: 981 880 075
Teléfono Edificio Multiusos: 981 818 710
Asociación de Empresarios: 981 818 604