Intercambio xuvenil a Venecia
Convócanse prazas para asistir a un intercambio xuvenil a Venecia (Italia), enmarcado dentro das relacións bilaterais que mantén este concello con distintas entidades noutros países
No marco de facilitar os xoves do noso concello o coñecemento de outras realidades socioculturais, económicas e políticas, convocase un intercambio a Venecia-Italia, enmarcado dentro das relacións bilaterais que se manteñen con distintas entidades noutros países
Obxectivo: Facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais, medioambientais e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e medioambiental, e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal.
Datas de realización do intercambio: do 2 de setembro ao 9 de setembro de 2018
Prazas: 10
Lugar de realización do intercambio: Na cidade de Venecia
Destinatarios: mozos e mozas residentes en Santa Comba con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio.
Prazo de inscrición: ata ó 1 de xullo de 2018.
Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación de confirmación da praza o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para o intercambio.
O estar as plazas completas realizarase unha reunión para facilitar información complementaria os admitidos.
Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
Realizarase unha lista de espera por si houbera renuncias as prazas de admitidos.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación de confirmación a o día 25, entenderase que non obtivo praza para o intercambio.
Confirmada a praza nos 5 días (naturais) seguintes as persoas seleccionadas deberán remitir a documentación que a continuación se indica ao correo que se lles facilitara no seu momento.
– Unha copia do billete de transporte adquirido para desprazarse ata o aeroporto mais próximo da cidade do país do intercambio. Non é documento válido a reserva de voo.
– Unha copia da Tarxeta Sanitaria Europea , ou seguro privado.
A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.
De darse baixas despois de ter sido adxudicadas as prazas, ofertaránselle aos seguintes da lista de espera, tendo que presentar estes os billetes e a documentación nos 3 días (naturais) seguintes da comunicación.
De ser o caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente a súa remisión, o Concello de Santa Comba, anulará a praza e será considerada non adxudicada.
Recibidos correctamente as copias dos documentos requiridos, posteriormente as persoas seleccionadas seralles facilitado o nome do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar e a hora de encontro en Venecia , e o nome do aloxamento de celebración do intercambio.
Cobertura do intercambio:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
Trasporte no ámbito do intercambio unha vez chegado o aloxamento e ata saír deste de volta.
Actividades organizadas pola entidade de acollida:
– Coñecemento da entidade de acollida
– Percorrido cultural polos principais monumentos da cidade de Venecia.
– Visita as Illas de Murano e Burano.
Será a cargo do/a participante:
Os gastos de desprazamento dende Galicia ata o lugar do intercambio.
A obtención da Tarxeta Sanitaria Europea ou seguro médico que dea cobertura equivalente durante a duración do intercambio.
Dirección para enviar os formularios de solicitude:
intercambioeuropeo@gmail.com
Recomendación de aeroporto máis próximo:
Aeroporto Internacional Marco Polo.
Aeroporto de Venecia-Treviso (TSF).
Aeroporto de Milán-Bérgamo
FORMULARIO DE SOLICITUDE
DATOS QUE DEBEN FIGURAR EN EL FORMULARIO
Nome y Apelidos
Domicilio
Código Postal
Fecha Nacemento
Teléfono móbil Teléfono fixo
Telefono de persoa de contacto
0 comentarios