981880075
Seleccionar página

O vindeiro sábado 12 de Novembro celebrarase en Santa Comba a Festa do Cachibol Galego.
O sábado 12 de Novembro estará movidiño na capital da Terra do Xallas. Ademáis do magnífico Magosto que está organizando a Comisión de festas de Santa Comba, o Pavillón Municipal de Fontenla será o escenario dunha nova xuntanza do Cachibol galego.

Si antes as cidades de Vigo e Ourense foron as anfitrionas para os xogadores e xogadoras deste deporte adaptado, será agora Santa Comba a que acolla a máis dun cento de deportistas de toda Galicia, nunha festa onde prime o xogo limpo e a amizade.


O cachibol é un deporte único en Galicia dentro de España e de Europa. Só en México existen competicións reguladas e encontros de diversas ligas por idades.


Este singular deporte foi importado por Antonio Piñeiro, mestre de Educación física vigués, que o coñeceu nunha viaxe a terras aztecas. Con posterioridade, extendeuse en Galicia a través de distintas iniciativas de entidades públicas e asociativas, ainda que agora tan só pervive na área metropolitana de Vigo, en Ourense, en Mesía e en Santa Comba.


O cachibol é un deporte coas súas regras propias, coa especial mención a que o resultado ideal é o empate, porque o grande da actividade é o proceso, o feito de xogar e relacionarse a través dun balón e de 2 equipos que xogan xuntos, non en contra.
O deporte aseméllase ó voleibol, aínda que coa posibilidade de coller o balón coa man, e sin poder empregar unha forza excesiva. Trátase de empregar a imaxinación, a coordinación e os enganos corporais, para conseguir que o balón caia no campo do oponente.


En Santa Comba iniciouse esta deporte a través dun programa da Xunta de Galicia no ano 2008, e a partir do ano 2009, o Concello asumiu o cachibol como actividade dentro do seu programa, que regularmente reune a máis de 40 persoas no Pavillón Municipal xalleiro 2 días á semana.


As xogadoras ( e xogadores) xalleiros participaron en diversos encontros a nivel autonómico en Ourense, Vilalba e Vigo en 2 ocasións, onde manteñen unha gran relación coa Asociación Deportiva Xogara, que difunde esta actividade en diversos centros e organizacións da capital olívica.

cachibol

1 Comentario

  1. Chema Álvarez

    buenas tardes

    les escribo en nombre de un equipo de catchball / cachiball de Madrid

    quisiéramos contactar con alguien de la organización para fomentar colaboraciones juntos

    Sería de un agrado expandir esta actividad deportiva

    Quedo a la espera de sus noticias

    saludos

    Responder

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *