981880075
Seleccionar página

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O CONCELLO DE SANTA COMBA INTEGRARASE NA INICIATIVA ASOCIATIVA E SUPRAMUNICIPAL PARA PROMOVER O CAMIÑO DE SANTIAGO A MUXÍA POR BRANDOMIL.

7 asociacións culturais e veciñais e os Concellos da Baña, Mazaricos, Zas, Vimianzo, Muxía, ós que se suma Santa Comba, promocionarán o ” Camiño Primitivo” desde Santiago ata Muxía, pasando pola histórica Ponte Romana de Brandomil nun ciclo de 4 andainas que comezarán o domingo 20 de Maio, e continuará o 27 do mesmo mes, e o 3 e 10 de Xuño.

Coa finalidade de aunar esforzos entre o tecido asociativo dos diferentes municipios polos que transcurre este camiño post- xacobeo cara a Costa da Morte, Santa Comba súmase a esta iniciativa, tendo en conta que na segunda das etapas do Camiño, a que sae desde Negreira ata Brandomil, un gran treito da mesma transcurre polas parroquias xalleiras de Fontecada e A Pereira.
Si ben o Departamento de Deportes de Santa Comba tiña previsto realizar un ciclo de andainas de Santiago a Fisterra en 3 etapas, a integración na iniciativa por Brandomil, permitirá dar unha maior visibilidade e promoción a espazos naturais da Terra do Xallas, uníndoa coas comarcas de  Barcala, Soneira ata visibilizar o mar e o Santuario da Barca en Muxía. Xa no ano 2017, o Concello de Santa Comba nun acordo plenario unánime, amosou a súa aposta por este Camiño.
Durante este inverno, Santa Comba, a través do ciclo de Andainas ” Coñece o teu Concello”, promovido entre o concello e a Asociación Os Trotasendas deu visibilidade á etapa que atravesa Fontecada e A Pereira ata Brandomil, obtendo un notable éxito de participación e satisfacción por parte dos máis de 50 camiñantes que a completaron.
O concello de Santa Comba facilitará ós xalleiros e xalleiras participantes nas etapas o transporte para a saída e chegada de cada unha delas. Ó rematar este ciclo en Muxía, tódolos xalleiros que o desexen, poderán culminar o Camiño en Fisterra, tendo a posibilidade de disfrutar  do espectacular epílogo en forma de etapa entre a Vila da Barca e a do Cristo.
As inscricións en Santa Comba xestionaranse no Departamento de Deportes, podendo participar os interesados en 1,2,3 ou as 4 etapas previstas.

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *