Os alcaldes de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo e de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro mantiveron hoxe un encontro de traballo nas dependencias municipais da Picota(Mazaricos).
Foi unha xuntanza para estudar fórmulas de colaboración entre os dous concellos. Entre os asuntos dos que falaron os mandatarios están a intención de darlle unha difusión comarcal e compartir proxectos comúns a carón de Radio Xallas(107.Fm) e tamén a de afrontar iniciativas conxuntas de defensa do sector gandeiro.
Tanto Blanco como Ucha acordaron seguir afondando en plantexamentos conxuntos e amosáronse convencidos de que está liña de diálogo e colaboración dará resultados en beneficio de toda a comarca do Xallas.
0 comentarios