Probas Celga de 2020

A Secretaría Xeral de Política Lingüística retoma o prazo de presentación de solicitudes para as probas Celga de 2020. Os 14 días naturais do prazo non consumido comezan mañá e finalizan o 16 de xuño.

As datas de realización das probas adíanse ata novo aviso (setembro ou outubro de 2020) de acordo coa evolución da crise sanitaria provocada pola Covid-19

Información no DOG de hoxe:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200527/AnuncioG0535-200520-0001_gl.html

Para calquera aclaración, pode contactar directamente coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará