

- Convocatoria Premios Camiño de Santiago co obxecto de distinguir as iniciativas públicas e privadas destinadas a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago, así como aqueloutras que supoñan novos servizos ou a innovación e a mellora daqueles que se prestan aos peregrinos, e ás accións específicas de divulgación e promoción, de xeito que se contribúa a un aumento da conservación, difusión e posta en valor do Camiño de Santiago e da cultura xacobea.
- Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (procedemento administrativo PR603A).