A data de remate para inscrición é do 8 de febreiro. Edificio multiusos. Tel: 663 746 523. cemit.santacomba@xunta.es
Organizado polo Centro de polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o día 25 de febreiro de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre desenvolvemento de WebApps con HTML5.
O obxectivo do seminario consiste en trasladas aos/ás participantes as posibilidades de HTML5 no desenvolvemento de WebApps cun enfoque orientado cara a interfaces multidispositivos, ás novas apis de xeolocalización, local storage, appCache, posibilidades gráficas, utilidades que existen para xogos interactivos, etc
Tamén se verá como aproveitar estas funcionalidades para converter as nosas Web Apps en aplicacións de escritorio grazas a JavaFx ou en aplicacións para smartphones con Cordova.
O relator da xornada será Antonio Varela, enxeñeiro informático apaixonado co seu traballo. Cunha experiencia laboral de máis de 7 anos, Antonio xa fixo fronte a proxectos de xestión hospitalaria, proxectos de e-commerce, proxectos de xestión para grandes multinacionais e no desenvolvemento de interactivos en HTML5. Formador Java para Oracle University, impartiu cursos e obradoiros en HTML5.
0 comentarios