981880075
Seleccionar página


A poxa terá lugar este vindeiro sábado 2 de marzo.

O recinto feiral de Santa Comba acolle o vindeiro sábado a XV Poxa de Xovencas de raza frisona, que organiza o concello xalleiro en colaboración con Africor Coruña. A subasta comezará as 11,30h da mañá.

Sobre a pasarela gandeira desfilarán vinteún exemplares de raza frisona, procedentes de explotacións de concellos como Cerceda, Mazaricos, A Baña ou Vimianzo. Os mesmos están recollidos nun catálogo onde se recollen as súas características.
As xovencas soen acadar un prezo medio de cotización duns 2.200 euros aínda que segundo as previsións da organización algunhas superarán os 3.000 euros.

Para favorecer as compras o concello de Santa Comba subvenciona con 150 euros cada transacción que se realice. Ademáis sorteará unha tenreira entre tódolos asistentes a cita. Pola súa banda Xenética Fontao agasallará a cada comprador con seis doses de seme de dous dos mellores touros de España, como son Gospel e Xacobeo.

XV POXA DE XOVENCAS DE RAZA FRISONA- SANTA COMBA – 2 DE MARZO 2012