Será o vindeiro 26 de agosto
O departamento de Deportes do concello de Santa Comba xa prepara un novo Día da Bicicleta, que este ano cumpre a súa décimoquinta edición.
O evento desenvolveráse o domingo 26 de agosto. A saída será nas inmediacións da Casa da Cultura desde as 9,30h. O Día da Bicicleta conta co patrocinio da firma xalleira Motos López.
Os interesados en inscribirse ou obter máis información poden dirixirse a Oficina de Deportes, situada na Casa da Cultura, ou ben chamando ao teléfono 981880275. A organización anticipa que é obligatorio o uso de casco. A foto corresponde a unha edición anterior.
0 comentarios