981880075
Seleccionar página

A delegada territorial estivo en Santa Comba.

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Belén Do Campo visitou este mércores 13 de febreiro o concello de Santa Comba, onde mantivo un encontro de traballo co alcalde xalleiro, Antonio Landeira e cos tenientes de alcalde, María José Pose e Jacobo Amarelle.

Despois Do Campo inspeccionou os investimentos realizados polo concello dentro do Fondo de compensación Ambiental impulsado pola Xunta de Galicia e que destinou máis de 100.000 euros para o municipio xalleiro.

A adquisición dun camión dumper, a ampliación do abastecemento de augas en Padreiro(Castriz) e melloras no saneamento en A Pereira, Truebe, O Ribeiro e San Martiño de Fontecada foron o destino das axudas deste plan autonómico.

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *