981880075
Seleccionar página


Aberto o prazo de preinscrición ata o 3 de outubro.

O concello de Santa Comba mantén aberto o prazo de preinscrición para as persoas interesadas en participar na viaxe a Arxentina, que organiza o consistorio xalleiro co fin de participar nos actos do décimo aniversario da Casa de Santa Comba en Bós Aires, que xestiona a asociación cultural Santa Comba de Xallas, co apoio do concello que desde fai unha década ven colaborando económicamente para o mantemento deste edificio e das súas actividades.
A data límite para preinscribirse é o 3 de outubro. Poden anotarse ou obter máis información no concello de Santa Comba(981880075) ou na Oficina de información xuvenil(981880275).Os actos do décimo aniversario da Casa de Santa Comba de Xallas serán 30 de novembro de 2014, aínda que a chegada da comitiva dos veciños que participen na viaxe está prevista para a semana do 24 de novembro.
O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira destacou a vontade do executivo municipal “de seguir colaborando e estreitando lazos cos colectivos de xalleiros no exterior, e neste sentido en Bós Aires temos unha asociación dinámica que promociona a nosa cultura e une as nosas xentes, e polo tanto queremos facilitar as posibilidade de que os nosos veciños poidan estar alí nunha data tan sinalada como é a do seu décimo aniversario”.