981880075
Seleccionar página


Presentación do Torneo deste vindeiro domingo.

A casa do concello de Santa Comba acolleu esta mañá a presentación do I Torneo de Básket do concello de Santa Comba que se celebrará o vindeiro domingo 2 de xuño no pavillón de deportes de Fontenla, desde as 15,30h.Na rolda de prensa se presentación, o alcalde Antonio Landeira destacou compromiso “do noso concello co deporte, apostando por distintas modalidades deportivas e dando preferencia as categorías de base”.

O presidente de Xiria Básket, Diego Vázquez dou as “grazas por aceptar o noso proxecto” e avogou para que “nun futuro haxa un equipo represente a Santa Comba em categoria sénior”.O responsable da escola municipal, Basílio Pampín apuntou que con este torneo se pón remate as actividades do ano e destacou que o torneo “ten un formato novidoso”. Será na modalidade 4X4 tanto en minibásket como en pequebásket.

No torneo participarán cinco clubes; Escola municipal de Santa Comba, Escola de A Laracha, C.B.Artai, Básket Xiria e ACB Costa da Morte. Na presentación tamén estivo presente o concelleiro de Deportes, José Pose Pazos e a técnico de deportes, Elisa Capelo.