Os nenos xalleiros disfrutaron dunha rota de sendeirismo.
Unha ducia de nenos xalleiros entre 6 e 12 anos participaron dunha xornada de sendeirismo destinada a que os máis pequenos da Terra do Xallas coñeceran un pouco máis o seu entorno natural.
Desde as 11 da mañá comezou un roteiro que discurriu por camiños e pistas das parroquias de Santa Comba e Alón ó longo de 7 quilómetros. Os os participantes puideron disfrutar de varias carballeiras dunha zona regada por varios regatos ata re o seu recorrido na Praia Fluvial de Esmorode. Nesta paraxe, e tras varios xogos colectivos, o nenos e monitores repuxeron forzas.
A xornada vespertina continuou cos rapaces xogando a convertirse en futuros naturalistas ou biólogos, recollendo varios insectos e invertebrados típicos da fauna da terra, coma bolboretas, rás, e incluso, un "rara avis" coma o insecto pau.
En todo momento, os nenos contaron con supervisión de persoal do Concello, voluntarias e o apoio de Protección Civil, nas incorporacións do roteiro ás vías principais.
A xornada rematou, entre a néboa, cunha nova camiñata ata o punto de orixe, o edificio Multiusos xalleiro, cos nenos cansos, pero orgullosos da súas " capturas".
0 comentarios