981880075
Seleccionar página


Cúmprese unha vella demanda social dos xalleiros.

As novas dependencias da Garda Civil de Santa Comba quedaron hoxe inauguradas cun acto no que se contou coa presencia do Secretario de Estado de Interior, Justo Zambrana, do Delegado do Goberno, Miguel Cortizo, do Xeneral Xefe da zona de Galicia, Faustino Álvarez Sola e do alcalde Antonio Landeira, entre outras autoridades políticas e militares, representando a Policía, Deputación, a Xunta de Galicia e os distintos grupos políticos da Corporación local.

Despois dos saúdos protocolarios, do izado da bandeira e do himno nacional chegou o turno dos discursos. O alcalde Santa Comba afirmou que esta obra “Es el resultado de la suma de esfuerzos de nuestros mandatarios y sus respectivos gobiernos municipales y de los representantes de varios gobiernos de España”. Para Landeira existiu unha “colaboración leal” que debe manterse para potenciar o papel de cabeceira comarcal de Santa Comba.

Unha cooperación que tamén destacou o Delegado do Goberno, Miguel Cortizo, que suliñou os importantes investimentos do Plan E, e o aumento de dotacións en Galicia, que sitúan a esta comunidade nos máis baixos índices de criminalidade. Cortizo definiu esta actuación “como unha cuestión vital”.

“No me extraña que el alcalde sea el primero en felicitarse, porque todo el mundo quiere tener un Cuartel cerca” declarou o secretario de Estado de Interior, Justo Zambrana. O político valorou o esforzo do seu goberno porque “nunca hubo tanta Guardia Civil y tanta Policía en España” e desexou que este edificio sexa moi útil para a comunidade xalleira.

As autoridades descrubriron unha placa e cortaron a cinta de rigor, antes de realizar unha visita as instalacións.

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *