Santa Comba acolleu unha nova edición desta poxa.
Nesta edición, as ventas superaron os 53.000 euros, poxándose as 21 xovencas inscritas a unha media de 2.540 euros. A máis cotizada foi un exemplar dunha explotación de Touro.O concello subvencionou cada compra con 150 euros.
Pola mañá, nos baixos da Vivenda Comunitaria tivo lugar unha conferencia a cargo da Directora Xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, que informou e aclarou dúbidas sobre as axudas da PAC. Estivo acompañada polo alcalde, Antonio Landeira Gallardo e polo responsable do departamento organizador, Juan Carlos Landeira Castro.
Desde o concello de Santa Comba valoraron positivamente este xornada e reiteraron o seu compromiso por seguir con esta poxa e con actividades informativas e outras iniciativas que sirvan para apoiar “un sector fundamental en Santa Como é o leiteiro”.
0 comentarios