Sete horas de rock con Santi Campillo, Pepe Bao e outros grupos.
O vindeiro sábado 11 de maio o Rocklónic Festival preséntase en Santa Comba. Coa organización da concellería de Xuventude xalleira e a colaboración da comisión de festas de San Pedro, as terras do Xallas vivirán unha potente noite musical.
Serán sete horas de rock, na praza do Campo da Feira, cun escenario poboado de grandes músicos como é o caso de Santi Campillo, fundador de M-Clan e un rockeiro curtido en mil batallas. Campillo actuará acompañado por un dos mellores baixistas da historia do rock español, Pepe Bao. Con eles o batería Miguel Lamas.
O cartel complétase co grupo Colorado que leva máis de 25 anos tocando e destaca polas súas versións da Creedence Clearwater Revival, e con Proyecto Bipolar, unha proposta musical variada liderada por Jacobo Paz y Dos Mundos e no que participan uns corenta músicos.A velada contará tamén coa actuación dun grupo da bisbarra, The Blackbeats.
O festival comenzará sobre as 9 da da noite e o acceso será totalmente gratuito. Haberá unha zona de acampada libre.
Desde a organización convidan os veciños do concello e tamén das bisbarras limítrofes, a disfrutar dunha velada de rock que se agarda sexa inolvidable, con músicos de primeiro nivel e coincidindo coa movida do sábado en Santa Comba.
0 comentarios