Investíronse 55.000 euros nesta mellora.
O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, e o concelleiro de Obras, Manuel Ferreiro comprobaron o remate do proxecto de ampliación da ponte do Ribeiro, na parroquia de San Cristovo de Mallón.
As melloras, que contaron cun investimento de 55.000 euros, permitiron dar cumplimento a unha demanda veciñal. A ponte ampliouse nuns catro metros e tamén se melloraron os accesos.
0 comentarios