Entrega de recoñecemento da cámara de Río de Xaneiro na Casa do Pozo.
A Cámara municipal de Río de Xaneiro, que está irmandado co concello de Santa Comba, entregou na pasada noite do mércores a súa máis alta distinción, a medalla Pedro Ernesto, a María del Carmen Rieiro Romar, veciña de Buxán (Cícere).
Tamén se concedeu unha “moción” de recoñecemento ao Museo da Terra do Xallas. Houbo ademáis “mocións” para Gerardo Fernández Albor, Miguel Cancio, Marí Solera, Luís Rial, Xacobe Pérez, Jesús Garca e a súa dona, Manolo do Cristal, Mercedes Salmonte, e Rafael Vilar.
Na mesa presidencial estivo o representante da cámara de Río de Xaneiro, Julio Barcelos, o alcalde xalleiro, Antonio Landeira e o avogado Manuel Martín. Non faltaron as verbas de recoñecemento para Manolo Rieiro. O acto celebrouse no salón noble da Casa do Pozo, e contouse coa presencia de membros da corporación, veciños e amigos dos premiados.
O concello de Santa Comba en Twitter
0 comentarios