O programa arranca o vindeiro 24 de marzo.
Catorce músicos de recoñecido prestixio participarán na “Primavera musical de Xallas”, que organiza o departamento de cultura de Santa Comba. Trátase de achegarlle a veciñanza a vertente máis clásica da música, levando os concertos a distintos lugares. Dúas actuaciones desenvolveránse no auditorio do multiusos, outra na capela de Santa Catalina de Armada e a última na capela de Nosa señora da Saúde en Rubín (Cícere).
A entrada aos distintos eventos serán libres e ata completa-lo aforo, e serán presentados polo profesor Antonio Puentes Chao. Desde o departamento de cultura, que dirixe María Pose queren facer un chamamento ós veciños:”Queremos convidar aos nosos veciños a que participen neste nova iniciativa municipal porque contamos cun programa moi interesante. Nesta Primavera musical do Xallas hai que destaca-la ampla traxectoria e calidade dos músicos que participarán neste ciclo de concertos”” sinalou a responsable do departamento organizador.
CALENDARIO DE ACTUACIÓNS
Domingo 24 de marzo- Multiusos 18h
Concerto en homenaxe a o libro “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro con motivo do 150 aniversario. Intervirá o catedrático e académico Xesús Alonso Montero.
Actuarán a soprano Miki Mori e a pianista Haruna Takebe
Domingo 14 de abril- Capela de Santa Catalina- 20h
(Concerto conmemorativo do primeiro centenario da construcción do templo)
Actuarán: David Durán Arufe(piano) Saúl Canosa(clarinete), Kiyoko Ohashi(violín) e Thomas Piel(violoncello).
Domingo 28 de abril- Multiusos 20h
Actuación do pianista Martín Millán e do grupo Artemis Ensemble: Fumika Yamamura(violín), Deborah Gonsalves(violín), Gabriel Bussi(viola) Berthold Hamburger(violoncello).
Domingo 11 de maio-Capela de Rubín(Cícere).18h
Actuación de Francisco Luengo e Xurxo Varela (violas da gamba)
0 comentarios