Este domingo as 12,00h
Santa Comba celebra as súas festas patronais. E coincidindo con estas datas tan especiais desde o concello organízase un concerto que servirá para presentar a banda municipal de música, que xurde da Escola municipal de Música Moderna posta en marcha durante esta lexislatura.
A Banda de Santa Comba, que recupera a vella tradición musical e honra a estirpe de músicos que sempre houbo na Terra do Xallas, actuará o vindeiro domingo desde as 12 do mediodía nas inmediacións da igrexa parroquial de San Pedro.
Dentro do cartel festivo e da programación de verán do concello inclúese a actuación o mesmo día, do Mago Xacobe, no Campo da Feira, desde as 19:30h.
Festas de San Pedro 2014
No tocante as orquestras, este ano Santa Comba acolle as formacións máis punteiras de Galicia. O 29 actuará Fania Blanco Show e unha orquestra sorpresa, o luns 30(día festivo local) será a quenda de Aramio e El Combo Dominicano e o martes 1 de xullo pecharánse os festexos coa actuación de París de Noia e Panorama.