O concello oferta varios obradoiros e charlas
Santa Comba impulsa varias accións para mellorar o acceso ao mercado laboral
Obradoiros formativos que se poñen en marcha o vindeiro 16 de novembro.
O concello de Santa Comba inicia o vindeiro 16 de novembro un ciclo de obradoiros formativos orientados a mellora da empregabilidade dos veciños. A iniciativa promóvese desde a concelleróa de Formación e Emprego que dirixe o edil Jacobo Amarelle Barreiro e colaboracións cos departamentos de Educación e Xuventude, coordinados polas concelleiras María Pose e Raquel Grille, respectivamente.
O programa de obradoiros é o seguinte:
“ Elabora o teu currículum “
“ Cómo prepararse para unha entrevista de traballo “
“ Formación e cualificacións: as novas capacitacións profesionais “
“ Obtén unha capacitación profesional a través do recoñecemento da experiencia profesional ”
“ Portais de emprego e páxinas de empresas: postúlate como candidato “
“ Benvida as Redes sociais e a Web 2.0 para a busca de emprego “
“ Alfabetización informática “
“ Iniciación a Internet “
Os obradoiros e charlas impartiránse os venres de 9,30 a 14,00h, e estarán dirixidos a 10-15 persoas cada un deles. Os interesados/as poden informarse e formular a súa inscrición no edificio Multiusos (981818710), tanto no departamento de Formación(mañás) como nas oficinas de Educación ou Xuventude(tardes)
Por outra banda, dende os Departamentos de Formación e Orientación vai a por en marcha un servizo de axuda para a elaboración de currículums. Serás os mércores entre as 9,00 e as 14,00h.