981880075
Seleccionar página


Actividades para os vindeiros meses.

O departamento de Formación e Emprego do concello de Santa Comba e a Oficina municipal de información xuvenil (OMIX) promoven varios obradoiros formativos que se celebrarán durante os vindeiros meses. As actividades desenvolveranse os venres pola mañán (9:30-14:30). Pode obterse máis información no edificio multiusos ou ben nos teléfonos 981818710-663728782.

Xaneiro

Día 31- “Elabora o teu currículum”

Febreiro

Día 7- “Portais de emprego e páxinas de empresas:Postúlate como candidato”.
Día 14-Redes Sociais e a web 2.0 na busca de emprego.
Día 21-Formación e cualificacións: As novas capacitacións profesionais.
Día 28- Obtén unha capacitación profesional: O recoñecemento da experiencia profesional.


Marzo

Día 7- “Elabora o teu currículum”.
Día 14- “Cómo prepararse para unha entrevista de traballo”.
Día 21- “Portais de emprego e páxinas de empresas:Postúlate como candidato”.
Día 28- “Redes Sociais e a web 2.0 na busca de emprego”.