Santa Comba participa neste concurso de cuñas radiofónicas.
Con motivo do Día das Letras Galegas 2014, A Rede de Dinamización Lingüística convoca o concurso de cuñas de radio orientadas a promover a lingua propia de Galicia O galego na onda.
OBXETIVOS
Promover a reflexión sobre a lingua galega e a súa valoración positiva entre a mocidade do concello de Santa Comba.
Difundir as posibilidades da comunicación radiofónica entre a mocidade.
Incrementar a percepción do galego como lingua útil para a comunicación mediática
PERSOAS DESTINATARIAS E CATEGORIAS
Alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria, individualmente ou en grupos de ata 4 persoas.
Establécense dúas categorías:
Categoría A: matriculados no primeiro e no segundo curso da ESO.
Categoría B: matriculados no terceiro e no cuarto curso da ESO.
CARACTERÍSTICAS E CUÑAS
As cuñas de radio deberán ser inéditas, estar gravadas en lingua galega e estar orientadas a promover o seu uso e valoración social.
Poderán incorporar música sempre que esta sexa orixinal ou conte con licenza Creative Commons.
Non poderán exceder os 60 segundos de duración.
Cada participante ou grupo participante poderá enviar un máximo de dúas cuñas ao concurso.
CRITERIOS DE VALORACIÓN
Teranse en conta o grao de elaboración da mensaxe, a orixinalidade e a calidade da lingua.
A organización do concurso rexeitará calquera mensaxe en que aprecie carácter discriminatorio ou ofensivo.
PREMIOS E SEGUNDA FASE DO CONCURSO
Outorgaranse un primeiro e un segundo premio por categoría consistentes nun obradoiro de radio impartido na radio municipal.RADIO XALLAS.
Os gañadores da segunda fase do concurso recibirán como premio a realización dun programa radiofónico na Radio Galega coa colaboración de profesionais deste medio e un lote de libros.
PROCEDEMENTO DE PARTICIPACIÓN
Os ficheiros de audio coas cuñas serán depositados ou enviados nun CD ao enderezo:
CASA DA CULTURA, Av. Alfonso Molina s/n
15.840 Santa Comba- A Coruña
Teléfono: 981 81 87 10
O CD irá nun sobre rotulado cun título e coa categoría en que compite. Con el deberá entregarse un sobre pechado onde consten os seguintes datos:
Nome, apelidos e idade(s) do(s) concursante(s)
Centro(s) educativo(s) onde estuda(n)
Teléfono de contacto
En caso de que se usase música con licenza Creative Commons, farase constar aquí a autoría, co fin de que poida ser divulgada a canda a cuña.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
A data límite para enviar as cuñas é o 17 de maio de 2014.
XURADO
O xurado da fase local estará formado polos representantes titulares do concello na Rede de Dinamización Lingüística ou persoa en quen deleguen, por un locutor ou locutora da radio onde se vai desenvolver o obradoiro para os equipos gañadores e por unha persoa designada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O xurado da fase autonómica estará formado polo presidente da Rede de Dinamización Lingüística ou persoa en quen delegue e por profesionais da radiodifusión.
RESOLUCIÓN
O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de entrega e elixirá as catro curtas gañadoras antes do 10 de xuño de 2014.
Os nomes das persoas gañadoras publicaranse no web do concello e no da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Estas entidades tamén poderán difundir as cuñas gañadoras.
ENTREGA DE PREMIOS
O obradoiro de radio realizarase a partir do mes de setembro nas dependencias da radio municipal Radio Xallas.
Rematados os obradoiros, resolverase a fase autonómica.
ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación neste concurso implica a plena aceptación destas bases. A organización resérvase o dereito de modificar e interpretar as bases deste concurso sempre e cando sexa necesario para o seu bo desenvolvemento.