981880075
Seleccionar página


O concello asinou un convenio co Xallas de Santa Comba.

O alcalde Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo, asinou un convenio co Xallas de Santa Comba C.F., que suporá que o concello asumirá a xestión e o mantemento das categorías de base do fútbol xalleiro.

 

Antonio Landeira destacou que con este acordo “quedan protexidas as categorías inferiores que serán coordinadas polo concello, que conta coa estrutura e os recursos necesarios para desenvolver un proxecto solvente”.
 

Desde o goberno local avanzaron que o director da escola será Manuel González Corredoira. Está previsto que dentro dunha semana se celebre unha reunión cos pais dos alumnos para explicar as características da escola e presentar os adestradores das distintas categorías.

 

 
A pesares de que a escola será xestionada polo concello, seguirá levando o nome do clube, Xallas de Santa Comba.

 

Un representante do concello  e outro do Xallas de Santa Comba velarán polo cumprimento do convenio e polo correcto funcionamento da escola. Será o propio alcalde, Antonio Landeira e o vicepresidente do XSC, Pedro Fernández Pazos, un directivo ao que o rexedor quixo agradecer o seu especial “esforzo” para que “este acordo satisfactorio” fora realidade.

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *