981880075
Seleccionar página


Landeira mantivo sendas entrevistas con Roberto Rodríguez e Teresa Villaverde

Xuntanza no Consorcio

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo foi recibido polo Xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, co cal mantivo unha xuntanza, e na que estivo acompañado polo segundo teniente de alcalde, Jacobo Amarelle Barreiro.Landeira solicitou o apoio da Xunta de Galicia en dous dos frentes nos que se encontra traballando o executivo local. Por unha parte a necesidade de darlle unha solución a Vivenda Comunitaria e por outra o proxecto de aumentar os servizos da Gardería municipal mediante a posta en funcionamento dunha nova aula.

O alcalde de Santa Comba calificou a reunión de "fructífera" xa que considera que "é para nós moi importante ir avanzando nos temas que forman parte do noso caderno de traballo". Froito deste encontro, técnicos da Xunta quedaron de realizar unha visita tanto a Vivenda Comunitaria como a Gardería municipal para estudiar a posibilidade de buscar solucións as necesidades plantexadas polo goberno xalleiro.


Xuntanza na Xefatura provincial de Educación

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira e a concelleira responsable da área de Educación, María Pose mantiveron este venres unha xuntanza de traballo coa xefa territorial de Educación, Teresa Villaverde.

A sustancia fundamental deste encontro, segundo o alcalde “foi analizar a situación educativa no concello e tratar de buscar solucións os problemas que se plantexan”, así como informarse das directrices de traballo da consellería.Na xuntanza analizouse a situación dos centros escolares, das paradas de autobuses e todo o relacionado coa educación no concello. Esta toma de contacto servirá para ir entrando en aspectos puntuais.

Noutro momento do encontro, Landeira e Pose acompañaron o empresario Manuel García, propietario do Retiro da Costiña, que presentou un proxecto de formación en materia hosteleira.