Inaugurada a exposición Querido Balbino


Pode visitarse ata o 18 de marzo, no multiusos.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentin García inaugurou hoxe en Santa Comba a exposición “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”, nun acto no que estivo acompañado pólo escritor e académico Xosé Neira Vilas, e pólo alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo.

Tamén asistiron a presentación o alcalde de Negreira, José Blanco, a concelleira de cultura local, Maria Pose, e membros das corporacións de Santa Comba, Val do Dubra e Negreira, xunto com representantes dos centros educativos Barrié de La Maza, Nosa Señora da Inmaculada e instituto Terra de Xallas (Santa Comba) e do Pepe de Xan Baña(Traba-Castriz).

Despois de inaugura-la mostra, que se pode visitar de luns a venres, en horario de 17:00h a 21:00h no multiusos ata o 18 de marzo, os alumnos participaron nunha variada actividade. Os do “Inmaculada” optaron por ler unha carta elaborada para o protagonista do libro, Balbino. Un grupo de nenos e nenas do Barrié de la Maza ofreceron unha presentación visual sobre o can de Balbino, Pachín, mentres que desde o Pepe de Xan Baña adicaron unha canción ao famoso neno labrego. Pola súa parte, os estudantes do Terra do Xallas centráronse no primeiro capítulo de “Memorias dun neno Labrego”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *