Unha gala benéfica moi exitosa celebrada en Santa Comba
O alcalde Antonio Landeira amosouse “inmensamente satisfeito” porque “a xente respaldou o evento” e “grazas a esta iniciativa recadáronse milleiros de quilos de distintos produtos que servirán para axudar a moitas familias necesitadas”.
“Sen dúbida son uns días para sentirse orgulloso” indicou Landeira, que tamén agradeceu o traballo de entidades como a Fundación Amigos de Galicia e Cáritas, e reiterou “a vontade do noso goberno de seguir colaborando activamente con elas”. O rexedor tampouco se quixo esquecer de El Combo Dominicano e Metrópolis, que coa súa música fixeron posible a celebración da gala.
Desde Cáritas Santa Comba sumáronse aos parabéns e destacaron “o compromiso e o comportamento exemplar amosado pola xuventude” que demostrou o seu talante solidario neste evento.