A aula Cemit xalleira organiza varios cursos.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Santa Comba celebra este mes de setembro catro cursos.
Os días 10, 11, 12 e 13 de setembro celébrase o curso “Streaming de Audio e Video”. A través deste microcurso de 15 horas preténdese dar unha visión o máis completa posible e proporcionar a difusión das tecnoloxías multimedia dixital (audio e vídeo) a través da rede. Preténdese que os asistentes sexan capaces de montar o seu propio servidor de streaming de audio /vídeo e teñan a capacidade para facer eventos en directo por Internet. Está orientado fundamentalmente a futuros traballadores ou interesados no audiovisual en xeral e que teñan nocións básicas sobre streaming de audio e vídeo e queiran ampliar as súas capacidades e coñecementos neste ámbito, así como a aquelas persoas cunha formación media de calquera tipo que desexen aprender as técnicas de streaming de audio e vídeo, abrindo novas vías de formación e emprego. O horario será de 10:00 a 14:00 horas.
Os días 24, 25, 26 e 27 de setembro celébrase o curso “Community Manager”. Unha vez finalizado este mircorcurso de 15 horas, os asistentes poderán recoñecer os aspectos identitarios do novo contexto comunicativo 2.0., comprender o papel do novo perfil profesional do Community Manager xurdido no ámbito da comunicación 2.0.e adquirirán os coñecementos básicos sobre a variedade de ferramentas de traballo que lle son útiles ao Community Manager no día a día. O micorcurso está orientado fundamentalmente a aquelas persoas usuarias das redes sociais ou que queiran facer desta afición unha profesión de futuro, abrindo así vías de formación e emprego, e coñecendo a realidade da posibilidade da ferramenta para o emprego de xeito profesional. O horario será de 10:00 a 14:00 horas.
Os días 3, 5, 10, 12, 17, 19, 24 e 26 de setembro celébrase o curso “Actividade Externa: Iniciación ás Novas Tecnoloxías” dirixido ás persoas maiores que queiran iniciarse nainformática. Este curso organízao o Centro Sociocomunitario do Concello de Santa Comba a través da Fundación La Caixa, entidade colaboradora da Rede Cemit. O horario será de 16:00 a 18:00 horas.
No mes de setembro celebrarase o curso “Aula Aberta”, co que se pretende que os usuarios poidan usar os equipos para conectarse a internet. O horario será:
Luns e Mércores: 18:00 h. a 20:00 h.
Martes, Xoves e Venres: 17:00 h. a 20:00 h.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Santa Comba sito Edificio Multiusos c/ Curros Enríquez s/n, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou chamar ao teléfono 663 746 523, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.santacomba@xunta.es
0 comentarios