FOGUEIRAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO
(FOGUEIRAS EN FESTAS LOCAIS OU DE ARRAIGADA TRADICIÓN CULTURAL)
AUTORIZACIONS E NORMATIVA
Comunícase diversos aspectos da normativa vixente en materia de prevención de incendios no referente as fogueiras de San Xoan e San Pedro, que se engloban nos termos do artigo 12.1c) do decreto 105/2006 “fogueiras en festas locais ou de arraigada tradición cultural” que se desenvolven ao longo do territorio da Comunidade Autónoma.
MATERIAIS. Non se pode aproveitar a queima para poñer lume a residuos ou restos domésticos como colchóns, mobles, tablas ou roupa. Tampouco se poderá aproveitar a queima para poñer lume a restos forestais ou agrícolas, para os cales se deberá comunicar e pedir unha autorización, como ben sendo habitual, en caso de non estar suspendidos os permisos. Sucede moitas veces que estando os permisos suspendidos, os veciños aproveitan as cacharelas de San Xoan e San Pedro para a queima deste tipo de materiais, pero estes feitos son motivo de denuncia.
MEDIDAS PREVENTIVAS. Os solicitantes deberán adoptar, como mínimo, as seguintes medidas preventivas: Haberá xente sempre ao lado do lume; terán auga suficiente para apagar o lume en caso de que fose necesario; o lume acenderase despexado de posibles riscos de propagación; unha vez rematado o lume, apagaranse os restos de brasas ata a súa total extención e deixarase o lugar limpo de refugallos.
LUGAR E PRAZO LIMITE DE SOLICITUDES. Deberán realizarse na Casa do Concello quedando establecida a data límite no día 17 de xuño de 2016 as 14:00 horas. Será o propio Concello o que, nun prazo máximo de cinco días naturais, comunique o asunto ao Servizo Provincial de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.
RESPONSABILIDADES. A autorización outorgada non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos ou perdas a que houbera lugar no caso de que o solicitante concorra en neglixencia ou imprudencia.
REVOGACIÓNS. Este concello, por iniciativa propia, ou por instancia o Servizo Provincial de Prevención de defensa contra incendios forestais, poderá revogar a autorización nos casos que non sexa posible garantir as medidas de seguridade e prevención dos incendios.
NORMATIVA. Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e Decreto 105/2006, do 22 de xuño, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais, naqueles aspectos que non contradigan esta lei”.
Santa Comba, 31 de maio de 2016
A Alcaldesa,
Asdo.: María Josefa Pose Rodríguez
0 comentarios