O concello organiza unha excursión a Fisterra e outra a Ourense.
O concello de Santa Comba participa no programa “Mar Achega” da consellería do Mar da Xunta de Galicia, que permitirá participar a un grupo de xalleiros nunha excursión "gratuita" pola localidade de Fisterra.Tanto o desprazamento como as demáis actividades son de carácter gratuito e os interesados xa poden inscribirse no Multiusos ou chamando o 9818818710 (Maribel).
A viaxe está programada para o vindeiro mércores 28 de setembro, e consistirá nunha visita guiada o Castelo de San Carlos, onde está o Museo do Mar, un percorrido pola zona marisqueira e instalacións mariñeiras do pobo e un paseo ata a lonxa.O mediodía terá lugar unha demostración de cociña en directo con peixes e un xantar con produtos do mar e outros recursos gastronómicos de Galicia como son os queixos, viños, pan, pementos e destilados.
As 16,00h da tarde os participantes asistirán a unha poxa en directo na lonxa local e visitarán lugares de interese turístico relacionados coa actividade mariñeira como é o caso do Faro de Fisterra.Desde o concello de Santa Comba agradecen a iniciativa da Consellería do Mar, e convidan os veciños a inscribirse nesta actividade.
Ademáis o concello xalleiro promove unha excursión a Termatalia de Ourense para a vindeira semana. Poden informarse tamén no departamento de Cultura.
Excursión a Termatalia Ourense
O concello de Santa Comba organiza para o vindeiro sábado 24 de setembro unha excursión a Ourense, para visitar a feira internacional do turismo termal “Termatalia”.
A excursión permitirá realizar unha visita guiada a Termatalia, ademáis dunha visita turística pola cidade de Ourense, sen deixar de ver o seu casco histórico e as termas.
As personas interesadas xa poden inscribirse no Multiusos (tlf 981818710)
0 comentarios