981880075
Seleccionar página


Este venres, as 17:30H no Multiusos.

The Back Beats interactuará cos asistentes nun “ensaio didáctico” de entrada libre e gratuita que se desenvolverá no Multiusos.

O auditorio do Multiusos acolle este vindeiro venres, 1 de febreiro unha iniciativa coa que se pretende acercar a música ós xalleiros. Pero dun xeito distinto. Mediante a iniciativa da concellería de Xuventude, que dirixe Raquel Grille Boga, e do programa “Ponle cara a la educación”, as persoas interesadas poderán coñecer unha das partes menos coñecidas dos grupos: Os ensaios.

Así o grupo The Back Beats comenzará o seu “ensaio didáctico” as cinco e media do serán. Nesta sesión amosaránse tódolos detalles dun ensaio, as funcións de cada músico, os secretos da preparación da posta en escea, etc. Todo isto acompañado dunha selección de temas que soarán durante a velada.

A entrada é libre e gratuita.

The Back Beats son:

Sandra Touza, Manager e Vocalista.
Yolanda Ruzo, Vocalista.
Susana Pereira, Vocalista.
Alberto Cancela, Saxo Tenor, Arreglista e Director Musical.
Eduardo Recarey, Saxo Alto e Tenor
Francisco Jallas, Piano e Teclados
Fran Capeáns, Guitarra
Toño, Baixo.
David Pereira, Bateria e Percusión
Sergio Paramos, Técnico de Sonido.

FOTO- JAVIER PAIS