981880075
Seleccionar página


Os escolares disfrutaron desta xornada.

Santa Comba celebrou o pasado venres 22 de marzo o Dia da Árbore, organizado desde o departamento de Medio Ambiente.

Nesta ocasión e ante as adversidades meteorolóxicas que impediron a tradicional prantación en Esmorode optouse por desenvolve-los actos no recinto feiral.

Deste xeito os alumnos dos colexios Barrié de la Maza, Nosa señora da Inmaculada e Pepe de Xan Baña, asistiron a unha conferencia sobre prantacións e prevención de incendios que foi impartida por axentes do Distrito forestal V de Fisterra. Tamén participaron nunha plantación nuns recipientes que había no recinto feiral e aprenderon o funcionamento dunha motobomba ao traverso dunha demostración realizada por efectivos de Protección Civil.

No Dia da Árbore estiveron presentes o alcalde, Antonio Landeira e o concelleiro do Medio Rural, Juan Carlos Landeira Castro.