981880075
Seleccionar página


O concello de Santa Comba oferta un amplo catálogo de cursos a distancia.

O Concello de Santa Comba oferta a posibilidade de adquirir formación on line, gracias a un convenio co Ministerio de Educación e a Consellería de Educación, mediante a denominada “Aula Mentor”, unha iniciativa de formación aberta, libre e por internet, que permite a realización dun amplo catálogo de cursos a distancia, avalados polas entidades educativas antes citadas.

Os cursos divídense nos seguintes bloques temáticos: Iniciación a informática, Ofimática, Medios Audiovisuais, Deseño e autoedición, Internet, Electrónica, Medio Ambiente, Saúde e Educación, Cultura e Formación xeral, Inglés e cursos de carácter xeral.

Os cursos abarcan desde as 40 as 180 horas lectivas, teñen carácter on-line e permitirán a obtención do correspondente certificado, despois dunha proba presencial. O concello xalleiro impulsa está iniciativa en colaboración co Instituto compostelano do San Clemente.

Desde a concellería de Educación e Cultura xalleira convidan os veciños a participar nesta alternativa formativa, e a obter máis información no edificio Multiusos (981818710/663746523).