O prazo está aberto ata o 21 de agosto.
O concello de Santa Comba organiza dous cursos de formación, que foron concedidos desde a consellería de Traballo e Benestar, e que se impartirán no centro integrado de Formación Ocupacional municipal durante o vindeiro mes de setembro.
Son dous cursos de “Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos” e de “Operacións auxiliares de servicios administrativos e xerais”.
Os cursos están dirixidos prioritariamente a xóvenes menores de 30 anos inscritos na Oficina de Emprego e, preferentemente de baixa cualificación.
Os interesad@s poden inscribirse na Oficina de Formación (Casa da Cultura de Santa Comba) 981880275-663728782
0 comentarios