981880075
Seleccionar página


Exposición no Museo da Terra do Xallas.

O Concello de Santa Comba, acollerá dende o 16 ao 20 de xullo unha mostra de carácter medioambiental cedida pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible “Galicia, conservando a natureza”. A exposición, que se poderá visitar no Museo Terra do Xallas, en horario de 10:00 a 14:00 horas, incorpora material expositivo e didáctico, con visitas guiadas e xogos, a través dos cales os visitantes poderán comprender o significado das figuras de protección, e desenvolverán actitudes de responsabilidade fronte a conservación ambiental.
O obxectivo desta exposición é presentar ao público a diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos, co fin de concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural, e do seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies
« Os rapaces e rapazas que están participando no Programa de Verán Lúdico e de actividades de verán do concello visitarán a exposicion”.
A exposición estará aberta ao público en xeral. A concelleira de cultura María Pose, explica que nas xornadas do mércores e xoves, levaranse a cabo visitas guiadas por un educador ambiental, por se algún grupo ou colectivo quixera ver a mostra avisando previamente na Concellaría da Cultura”.

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *