Postal feita por Iria Fernández Calvo.
Unha creación de Iria Fernández Calvo, alumna do C.E.I.P. “Pepe Xan Baña” foi a gañadora do XIV concurso de debuxo e pintura “O Nadal” que organizou o departamento de Cultura do concello de Santa Comba. Con esta “postal” o concello felicita as festas propias desta época.
O xurado presidido pola concelleira María Josefa Pose Rodríguez tamén concedeu os seguintes premios.
Segundo premio- Shaila Antelo Iglesias(Barrié de la Maza)
Terceiro premio- Noa Espasandín García(Nosa Señora da Inmaculada)
Tamén se concederon os seguintes accésits a Olalla Antelo(Barrié de la Maza), Noelia Grille(C.R.A.Santa Comba) e a Noelia Blanco(Pepe de Xan Baña).