981880075
Seleccionar página


O pasado domingo 2 de setembro

 

Uns oitenta veciños participaron na Andaina popular organizada pola asociación “Camiño Vello-Ruteiros da saúde” en colaboración co concello de Santa Comba. Xunto co traxecto de doce quilómetros para os maiores, tamén houbo un percorrido de tres quilómetros para os máis de 20 nenos que se deron cita na actividade e que ademáis, contou con varios obradoiros e unha charla sobre animais promovida pola asociación de Caza e Pesca do Xallas.

 

Desde o colectivo “Camiño Vello” xa preparan outros roteiros para promover a práctica do sendeirismo e de contacto coa natureza.