Bibliotecas Animadas


Actividades na biblioteca de Santa Comba

Coincidindo co día internacional do libro, o departamento de cultura do concello de Santa Comba, que dirixe María Pose Rodríguez, organiza tres días de actividades na biblioteca pública municipal.

Os días 22, 23 e 24 de abril, entre as 18,00 e as 20,00h. vaise a desenvolver varios obradoiros do programa “Biblioteca animadas”, dirixido a nen@s de 6 a 12 anos.

O obradoiro pretende conectar aos nen@s co mundo dos libros, o cinema, a fotografía a es artes plásticas, mediante o “stop-motion”, unha técnica de animación que consiste na creación da imaxe en movemento, a partires da imaxe fixa.

Mais información na Biblioteca municipal de Santa Comba 981880275

FOTO- Gargallando

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará