981880075
Seleccionar página


A delegada territorial visitou Santa Comba.

 

A Delegada territorial da Xunta de Galicia, Belén Do Campo visitou o pasado martes 26 de xullo, o concello de Santa Comba, co obxetivo de coñecer as necesidades deste municipio e manter un primeiro encontro de traballo co seu alcalde, Antonio Landeira Gallardo.Na alcaldía, a delegada foi tamén recibida polos membros do goberno, María Pose, Jacobo Amarelle, Manuel García e Juan Carlos Landeira. Alí mantivo unha xuntanza que se prolongou por espazo de máis dunha hora, e na que Antonio Landeira solicitou o apoio da Xunta de Galicia “a cuestións que son prioritarias e fundamentais para o noso concello”, entre elas a necesidade de impulsar as comunicacións con Santiago e coa Coruña.Ademáis Landeira tamén demandou a colaboración do goberno galego para buscar unha saída a Vivenda Comunitaria, que ben podería ser a de Centro de Día, así como para convertir a Casa do Pozo nun Museo Histórico da Terra do Xallas. De feito, o alcalde fixo entrega dun proxecto coas súas ideas para dinamizar este espazo.O alcalde de Santa Comba pediu asimesmo axuda para poñer en marcha durante lexislatura o Plan de Infraestruturas Rurais, ou a ampliación do Polígono Industrial. Outras demandas plantexadas polo rexedor xalleiro foron a necesidade de que se manteña o Grumir xalleiro, e outras cuestións orientadas a mellorar os servizos sociais, o turismo, ou a Formación no concello.

Neste último caso, o concello lembrou o importante número de cursos que se prestan e que orientan a contar cun Centro de Formación Permanente que fomente a súa vocación comarcal. Despois do encontro , Belén Do Campo visitou in situ as instalacións da Vivenda Comunitaria e da Casa do Pozo.“A delegada amosou un total interese as nosas propostas e ofreceunos o seu apoio”. Nestes términos se expresou Antonio Landeira antes de calificar de “moi positiva” a xuntanza mantida coa delegada territorial.

 

Despois das primeiras semanas a fronte da alcaldía, onde o goberno evaluou o funcionamento municipal e estableceu un caderno de ruta gubernamental; chegou esta entrevista onde segundo o alcalde “Quixemos poñer as nosas prioridades sobre a mesa. Este foi un punto de partida, para agora ir traballando caso por caso diante do goberno galego”.Landeira destacou que “Belén Do Campo comprendeu as nosas demandas e ofreceunos a súa axuda, polo que as perspectivas non poden ser mellores, para ir cumprindo, dentro das posibilidades orzamentarias co compromiso que temos con tódolos xalleiros”.

 

A delegada tomou boa nota das peticións do goberno xalleiro

Do Campo ofreceu “a máxima cooperación e diálogo para sacar adiante de xeito coordinado aqueles proxectos que redunden no benestar dos veciños do municipio”. Desde a delegación confirmaron que o proxecto da vía Santa Comba-Portomouro está a piques de rematarse e o de Portomouro-Santiago xa está acabado. Ademáis xa existe un borrador para que sexa unha realidade a trasferencia das estradas da Deputación a Xunta de Galicia. Tanto a comunicación coa Capital de Galicia como coa Coruña.

Do Campo Piñeiro destacou ademáis a potencialidade da Casa do Pozo e a necesidade de darlle unha funcionalidade a Vivenda Comunitaria. Ademáis lembrou que o Concello de Santa Comba conta este ano cunha subvención de preto de 227.000 euros para a contratación de 18 persoas desempregadas para a realización de obras e servizos de interese social. Trátase dos fondos achegados pola Consellería de Traballo e Benestar aos concellos a través do Plan de Cooperación.

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *